Comunicado oficial sobre la cancelación el Barbeira Season Fest

«Amigas e amigos do Barbeira Season Fest:

Por circunstancias que pasamos a explicar polo miúdo, a organización do Barbeira Season Fest vése na obriga de aprazar a súa celebración prevista para o 7, 8, 9, 10 e 11 de xuño.

A organización do festival, a través das empresas promotoras Elemental Street e Recados Carmen, toma esta decisión por mor do incumprimento de compromisos por parte do Concello de Baiona que pasamos a detallar a continuación:

Os incumprimentos dos compromisos económicos adquiridos polo Concello de Baiona fan inviable a realización deste evento nas datas e condicións anunciadas, incumprimentos que supoñen máis de 90.000 euros en perdas para o festival nos últimos dous anos.
Sumado a isto, para a súa celebración neste mes de xuño, o Barbeira Season Fest tramitou a solicitude de actividade e ocupación do solo en decembro de 2022. A autorización, condicionada ao pago de máis de 13.000 € de taxas, chegou esta semana, a tan só 15 días de comezar a montaxe, unhas taxas que ata o de agora asumía o propio Concello dentro da colaboración establecida.
Como é lóxico, non podemos asumir a celebración do festival nestas circunstancias de incertidume, que fan inviable o festival e poñen en risco á saúde económica das empresas organizadoras, ademais de por respecto aos artistas, patrocinadores, proveedores, público e ao propio equipo.
A organización do Barbeira Season Fest vén de comunicarlle aos artistas, proveedores e patrocinadores públicos e privados (Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, AIE ou propio Concello) a decisión de aprazar a celebración do certame e buscar novas datas e emprazamentos para a súa celebración.
O festival quere agradecer a confianza dos centos de persoas que mercaron as entradas para gozar desta nova edición. Estas entradas son válidas para as novas datas que se anunciarán proximamente. No caso de que non puidesen asistir, a organización garante a devolución do importe íntegro.
Queremos lembrar que o Barbeira Season Fest xerou no ano 2022 en Baiona 150 empregos directos e un retorno económico de máis de 1.400.000 €, se medimos inversión directa, ocupación hoteleira, gasto por asistente, repercusión mediática, etc.
Ademais, ao longo destes últimos anos, o Barbeira Season Fest converteu á vila nun referente cultural de modernidade a nivel peninsular, non só grazas a programación musical do certame en si, senón tamén aos contidos paralelos que se realizaban no municipio, como o “Restaurante máis pequeno do mundo”, “Charlas en Chanclas” ou “O festival en un hotel”, que atraían a público e medios de dentro e fóra de Galicia.
Agradecemos sobremaneira a comprensión e boa disposición de todas as partes para acadar a mellor solución. A organización traballa arreo dende xa para encauzar a situación e poder celebrar con vós o noso 5º aniversario coa programación anunciada intacta. Manterémosvos informados.»

cartel barbeira Season Fest 2023

Festival Barbeira Season Fest (cancelado)

7, 8, 9, 10 y 11 de junio

Entradas Barbeira Season Fest (cancelado)

Web Oficial Barbeira Season Fest (cancelado)

Cartel del Barbeira Season Fest (cancelado) 2023

cartel barbeira Season Fest 2023

Playlist oficial del festival

Escucha la Playlist oficial del Barbeira Season Fest (cancelado) en Spotify y prepárate para la edición de este año.



Bandas confirmadas Barbeira Season Fest (cancelado) 2023

  • Xoel López
  • Triángulo de Amor Bizarro
  • Iván Ferreiro
  • Capicua
  • Margarita Quebrada
  • AnabelLee
  • Xenia
  • FirmadoCarlota
  • Lusillón
  • Aeronaveadolescente
  • Visions of Johanna
  • Sr. Jingles
  • Habitaciónvudú
  • Tarde a todo
  • Señora DJ


Abonos y entradas





Consulta toda la info y últimas noticias sobre todos los festivales desde esta página o busca el tuyo en la lista por orden alfabético de los festivales de España o la lista de los que se celebran en Galicia .