MetalXis & Mileth en Mos

cartel MetalXis & Mileth en Mos
Cargando mapa....

Fecha/Hora
Date(s) - 01/06/2019
22:00

Ubicación
Sala Rebullón

Categorías


O día 1 de xuño xuntarase a forza de dúas bandas galegas na Sala Rebullón (Mos) nun concerto que será inesquecíbel.
MetalXis e Mileth actuarán ás 22:00.

As entradas pódense adquirir a través de calquera das dúas bandas, MetalXis ou Mileth, na cantina As Pedriñas (Mos) ou en Vigo, en Discos Elepé e Cervexaría Nós (Rúa Venezuela).

MetalXis é unha banda viguesa de recente creación cunha proposta atrevida e pouco convencional que non deixa indiferente a ninguén. Nace en 2016 coa finalidade de dar a coñecer un novo concepto e estilo musical: o Folk metal melódico instrumental. A banda está formada por once músicos con dilatada experiencia en diversos estilos musicais e amplos estudos académicos relacionados coa música, o que fai que a fusión xurda da creatividade dos mesmos outorgando virtuosismo ao seu estilo. Batería, baixo, dúas guitarras e teclados crean unha base metal dura e contundente e cinco gaitas e unha zanfona crean a atmosfera sonora folk.

En abril de 2019 presentan o seu primeiro álbum “My white shadow” co selo Rocket Music. A súa posta en escea transmite a forza do seu novo estilo.

Compoñentes:

Iván Abal: zanfona

Xurxo Fernández: gaita

Andrea Río: gaita

Santi Lage: gaita

Mariña Riomallo: gaita

Suso Riveira: gaita

Diego Sánchez: guitarra

Manu Lamoso: guitarra

Elías Lamoso: baixo

Rober del Río: teclados

Álex García: batería

Mileth é un grupo creado en 2009 na Mariña Lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do Val do Xistral e afincado en Vigo, que practica Metal Pagán Galaico, ou o que ven sendo o mesmo, unha mistura entre metal extremo, folk e música tradicional galega.

Neste 2019 presentan esta particular fusión no seu primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do nacional Darkwoods. Un traballo que está a levar por pequenos recunchos do mundo o noso idioma e a nosa tradición máis arcana recreada a través dunha viaxe espiritual inspirada nun vello rito galaico de adoración á Lúa.

Anteriormente gravaron tres maquetas que lle outorgaron unha boa acollida no panorama underground nacional chegando a compartir escenario con bandas internacionais tan destacadas coma Negurâ Bunget, Månegarm ou Skyforger e mesmo a participar en festivais xunto a Skyclad, Rotting Christ, Cruachan ou Hell.

Compoñentes:

Dana da Carballeira: voz, coros

Marcos do Relicario: voces guturais, cantos e coros, bouzouki, zanfona e percusión

Xacobe do Seixo Branco: guitarras, acústicas, voces guturais, coros

Xurxo dos Corvais: guitarra

Cristian da Limia: baixo, bouzouki

Elías do Eido do Clariño: violín, coros, percusión

Adrián Moa: batería (directos)

©2019 Guitar Calavera Magazine / Diseño e implementación Pablo Villaverde | Estudio de Diseño

Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

o    

¿Olvidó sus datos?

Create Account