COOL FUNERAL en Vigo

Cargando mapa....

Fecha/Hora
Date(s) - 09/06/2018
22:00

Ubicación
Sala Magnética

Categorías


Cool Funeral é unha banda das Rías Baixas, creada en 2012. O seu primeiro disco estreouse a finais do 2015, leva por título “You drive me crazy” e está composto por oito temas orixinais que misturan blues, rock&roll, grunge ou mesmo punk, tratando de abordar e reflexionar nas suas cancións sobre os motivos das múltiples violencias que os homes temos exercido a través da historia, e visibilizar as voces dos colectivos e persoas oprimidas por esas violencias, e unirse a elas.
Durante esos tres anos a actividade da banda foi intensa, participando en salas do país, así como tamén en festivais como Revoltallo, V de Valarés ou Rock in Río Tea. Tras un descanso de máis dun ano nos escenarios, Cool Funeral volve renovada na súa formación, contando co destacado baterista de blues Manuel Ares sumándose ao equipo xa coñecido da banda nos que figuran David Cocón á voz, Juanma Ons ás guitarras e o baixista Alexandre Carrero. A contundencia do rock, a forza do punk, a elegancia do blues, a potencia e a intensidade do seu directo quedan deste xeito garantido para a exaltación do respetable.

O regreso do Cool Funeral a cidade olivíca será o día 9 de Junio, as 22.00 hs, na Sala Magnética. Entrada 5 euros.

©2019 Guitar Calavera Magazine / Diseño e implementación Pablo Villaverde | Estudio de Diseño

Inicia Sesión con tu Usuario y Contraseña

o    

¿Olvidó sus datos?

Create Account